Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (384/2014).

No procedemento de referencia, seguido por instancia de Banco Popular Espanol, S.A. fronte a Zeferino Alexandre Martins Novo ditouse sentenza, cuxos encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza nº 14/2015.

Na cidade de Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2015.

Vistos por Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 384/2014 seguidos ante este xulgado entre partes; dunha, como demandante, Banco Popular Espanol, S.A., con procuradora Sra. Caamaño Castiñeiras, e doutra como demandado Zeferino Alexandre Martins Novo, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Fallo:

Que estimando como estimo a demanda interposta por Banco Popular Espanol, S.A., coa procuradora Sra. Caamaño Castiñeiras, fronte a Zeferino Alexandre Martins Novo, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante a cantidade de cinco mil setenta e tres euros con sesenta e nove céntimos (5.073,69 €), con expresa imposición das custas procesuais causadas á parte demandada.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta a miña sentenza».

Modo de impugnación: recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de 20 días desde a notificación da presente resolución.

Publicación. A anterior sentenza foi dada, lida e publicada polo maxistrada xuíza que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data, do que eu, a secretaria, dou fe.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Zeferino Alexandre Martins Novo, expídese a presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial