Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (200/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 200/2015 por instancia de José Antonio Cancela Viña contra Construcciones López Cao, S.L., Regal Tempo, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu auto de aclaración de sentenza en data 5.3.18 que copiada nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva.

Pola S.Sª. acórdase: ten lugar a aclaración solicitada, e en consecuencia modifíquese a parte dispositiva da sentenza a cal quedará do tenor literal seguinte:

Decido.

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Antonio Cancela Viña fronte a Regal Tempo, S.L., UTE Ferrovial Agroman e Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas (ampliación piscina de Arteixo UTE Ferrovial Agroman, S. A., Construcciones López Cao, S.L., UTE Construcciones López Cao, S.L., e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente S.L., Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente S.L., Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades Sociedad Anónima, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Absólvese a Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades Sociedad Anónima das pretensións fronte a ela dirixidas.

Condénase a empresa Regal Tempo, S.L., a aboar a José Antonio Cancela Viña as seguintes cantidades:

1.271,01 euros correspondentes ao salario de novembro de 2014, con responsabilidade solidaria de UTE Construcciones López Cao, S.L., e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas, Construcciones López Cao, S.L., e Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L., en relación a 169,44 euros e da UTE Ferrovial Agroman e Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas (Ampliación Piscina de Arteixo UTE), Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Cao, S.L. en relación a 889,56 euros.

508,32 euros correspondentes ao salario de decembro de 2014 de que responderá solidariamente por importe de 508,32 euros a UTE Ferrovial Agroman e Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas (Ampliación Piscina de Arteixo UTE), Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Cao, S.L.

1.063,83 euros correspondentes á parte proporcional da paga extraordinaria de 2014 da cal responderán solidariamente UTE Construcciones López Cao, S.L., e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas, Construcciones López Cao, S.L., e Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L., por importe de 66,44 euros, e a UTE Ferrovial Agroman e Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas (Ampliación Piscina de Arteixo UTE) ao importe de 471,44.

880,74 euros en concepto de vacacións percibidas e non gozadas.

785,46 euros en concepto de indemnización fin de contrato.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza de beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina. Nicolas E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número catro da Coruña.

Así acórdao e asina S.S ª. Dou fe.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Regal Tempo, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza