Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21858

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4901/17 IP).

Secretaria Sra. Bazarra Varela

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4901/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: P. oficio autoridade laboral 749/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Recorridos: Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nélida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva

Avogado: Ángel Dacal Jardón

Edicto.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4901/2017 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nelida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Luz Elena Londoño Holguín, Reylla Cristina Dias Arruda Chagas, Viorica Cornea, Hevelly Oliveira Marques Duraes sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 22 de maio de 2017 en autos 749/2013, que revogamos, acollemos a demanda de oficio formulada pola entidade xestora recorrente e declaramos a existencia de relación laboral entre Idisvifan, S.L. e as persoas relacionadas na acta de infracción número … elaborada pola Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza. Seguen as sinaturas e a publicación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Liliana Concepción Mareco Santa Cruz, Alane Cristina Bezerra Silva, Reylla Cristina Díaz Arruda Chagas, Luz Elena Londoño Honguín, Nélida Rafaela González Sánchez, Norma Alejandra Benítez, Stelia Osagie, Viorica Cornea, Hevelly Oliveira Marques Duraes, Sonia Regina Riveiro y Kelyn Moreno Guzmán, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza