Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21860

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4998/2017 CG).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4998/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 503/2017. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Andrea González Fleitas

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorridos: Fogasa, Juan Liste Brañas

Avogado: letrado de Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4998/2017 desta sección, seguido por instancia de Andrea González Fleitas contra Fogasa, Juan Liste Brañas sobre despedimento disciplinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

A sala acorda que debe aclarar e aclara a decisión da sentenza desta sala do social do 6 de marzo de 2018 que debe dicir: «…Recurso de suplicación interposto por Andrea González Fleitas,…» en lugar de «…Recurso de suplicación interposto por Juan Liste Brañas,…».

Notifíqueselles ás partes e advírtalles que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Non obstante o dito no parágrafo anterior, mentres debe entenderse que este auto se integra na resolución á cal aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que caiba contra esta resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentase, preparase ou anunciase o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, con último domicilio coñecido en lugar de Santa Lucía, 18, de Santiago de Compostela e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza