Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 439/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 439/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Martínez Santamaría contra Talleres Maneiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 121/2018

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Juan Antonio Martínez Santamaría

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Talleres Maneiro, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa,

Sentenza

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 439/2016, nos cales son parte, como demandantes, Juan Antonio Martínez Santamaría, representado pola procuradora Sra. Pariente Pouso e asistido pola letrada Sra. Millán Miranda e, como demandado, Talleres Maneiro, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes [...]

Decido

Estimar substancialmente a demanda interposta por Juan Antonio Martínez Santamaría contra Talleres Maneiro, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 19.318,32 euros, máis o 10 % de xuro por mora.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiene a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou non sexa beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Maneiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza