Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21737

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 444/2016).

PO. Procedemento ordinario 444/2016

Procedemento de orixe: /

Sobre vacacións

Demandante: Juan Antonio Martínez Santamaría

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Talleres Maneiro, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 444/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Martínez Santamaría contra Talleres Maneiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre vacacións, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 123/2018

PO. Procedemento ordinario 444/2016

Procedemento orixe: /

Sobre: vacacións

Demandante: Juan Antonio Martínez Santamaría

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Talleres Maneiro, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Sentenza:

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 444/2016, nos cales son parte, como demandante, Juan Antonio Martínez Santamaría, representado pola procuradora Sra. Pariente Pouso e asistido pola letrada Sra. Millán Miranda e, como demandada, Talleres Maneiro, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes [...]

Decido:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Juan Antonio Martínez Santamaría contra Talleres Maneiro, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.063,88 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Maneiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza