Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 443/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 443/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Plácido Rodríguez Tomé contra Talleres Maneiro, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 122/2018

PO procedemento ordinario 443/2016

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Plácido Rodríguez Tomé

Procurador: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fondo de Garantia Salarial (Fogasa), Talleres Maneiro, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Sentenza

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 443/2016, en que foron parte, como demandante, Plácido Rodríguez Tomé, representado pola procuradora Sra. Pariente Pouso e asistido pola letrada Sra. Millán Miranda e, como demandada, Talleres Maneiro, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase substancialmente a demanda interposta por Plácido Rodríguez Tomé fronte a Talleres Maneiro, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.075,58 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Maneiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza