Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (152/2013).

OD Procedemento ordinario 152/2013

Procedemento orixe:

Sobre outras materias civís

Demandante: Susana Alonso Alonso

Procurador: Rafael Ángel Fernández Fernández

Avogada: Mónica Moreno Selvi

Demandada: Disuei, S.L., Martina Sueiro Seara

Procuradora: María Mercedes Pérez Crespo

Avogado: Pablo Espinosa de Soto

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de Susana Alonso Alonso contra Disuei, S.L, Martina Sueiro Seara, foi ditada a Sentenza 321/2016, do 5 de decembro, que, en extracto, dispón:

– Admitir integramente a demanda interposta por María Susana Alonso Alonso.

– Condenar Disuei, S.L. e Martina Sueiro Seara a aboaren solidariamente a suma de sete mil douscentos oitenta euros (7.280 euros) máis os xuros legais correspondentes desde a data da demanda, así como o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data da sentenza, para o caso de mora procesual.

– Impor expresamente a Disuei, S.L. e a Martina Sueiro Seara as custas causadas.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

E encontrándose o devandito demandado, Disuei, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 26 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza