Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21512

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4443/17-M).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4443/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 217/2016 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Lemos Romero, S.L. e David Fernández Grande Madrid, S.L.

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández e Alfredo Briales de Porcioles

Procuradora: Carolina Moreno Vázquez

Recorridos: Reale Seguros Generales, S.A., Granitos Budiño, S.L., Granitos do Alba, S.L., Minera de Rocas, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Balbino Ramírez González, José Luis Fernández Contreras, Granitos Vilafría Couto, S.A., Extracciones Aceval, S.L. e Granitos Santa Fe, S.L.

Avogados/as: Carlos Alberto González-Novo Martínez, Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Gema García Gómez, Manuel Zorrilla Riveiro, Ramón José Pena Fraga, Patricia Rodríguez Mariño, Gema García Gómez e María Josefa Fernández Fernández

Procuradores/as: María Tamara Ucha Groba e Ricardo Estévez Cernadas

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4443/2017 desta sección, seguido por instancia de Lemos Romero, S.L., David Fernández Grande Madrid, S.L., contra Reale Seguros Generales, S.A., Granitos Budiño, S.L., Granitos del Alba, S.L., Minera de Rocas, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Balbino Ramírez González, José Luis Fernández Contreras, Granitos Vilafría Couto, S.A., Extraccións Aceval, S.L., Granitos Santa Fe, S.L., sobre outros dereitos de Seguridad Social, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos polas empresas David Fernández Grande Madrid, S.L. e Lemos Romero, S.L., contra a sentenza ditada no 30 de xuño de 2017 polo Xulgado do Social número 5 de Vigo nos autos número 217/2016, confirmámola integramente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, S.L., Granitos Vilafría Couto, S.A. e Extracciones Aceval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza