Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21437

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 37/2018, do 5 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, punto quilométrico 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06, no concello de Marín.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 3 de novembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 209) o Anuncio do 20 de outubro polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, p.q. 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos certificados e informes presentados, o 1 de marzo de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, p.q. 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos cidadáns, cun importante efecto positivo sobre o medio socioeconómico e humano. O criterio de deseño adoptado para o proxecto recolle unha beiravía de 1 metro de largo aproximadamente, e unha senda de formigón de 2 metros de largo medio (aínda que naqueles puntos en que o espazo sexa insuficiente se reducirá esta dimensión), limitada exteriormente por un bordo de formigón.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de abril de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, p.q. 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06.

Santiago de Compostela, cinco de abril de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda