Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2018 pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Mos (Pontevedra), aprobada mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva, mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2018, da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Mos (Pontevedra).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, fanse públicas as disposicións normativas modificadas, para a súa entrada en vigor. Os artigos modificados son os seguintes:

Artigo 2.1.2. Segregacións

Non se permite a segregación de parcelas para formar outras de menores dimensións que as determinadas como mínimas no planeamento segundo ás condicións particulares das distintas zonas da ordenación.

Artigo 2.1.4. Principais magnitudes da ordenación do solo

As principais magnitudes da ordenación do solo reflíctense no cadro adxunto:

Zonas 1.1 e 1.2

Zonas 1.3 e 1.4

Edificabilidade

m² c/ m² s

1,0

0,8

Volumetría

Altura m

12

12

Altura plantas

B+1

B+1

Recuamentos

Fronte

10

10

Linde

3

3

Fondo

5

5

Ocupación

80 %

80 %

Recuamento entre edificios

6

6

Naves

Illadas

Non

Si

Adosadas

Si

Non

Parcelación

Parcela mínima

500

1.500

Fronte mínimo

10

25

Voladizos

Voo máximo

6

6

Sótanos

Metros

6

6

Artigo 3.2.4. Parcela mínima e condicións de parcelación

Parcelas.

As parcelas edificables cumprirán as seguintes condicións:

Zonas 1.3. e 1.4.:

a) A superficie mínima de parcela edificable será de 1.500 metros cadrados.

a) Todos e cada unha da súas lindes frontais serán, como mínimo, de 25 metros.

b) A forma da parcela será tal que permita inscribir un círculo de 25 m de diámetro.

Zonas 1.1. e 1.2.:

a) A superficie mínima de parcela edificable será de 500 metros cadrados.

a) Todos e cada un dos seus lindes frontais serán, como mínimo, de 10 metros.

b) A forma da parcela será tal que permita inscribir un círculo de 10 m de diámetro.

Artigo 3.2.2. Usos predominantes, compatibles e prohibidos

1. Son usos predominantes:

a) O uso industrial, corresponde ao solo destinado aos seguintes:

– Establecementos para a transformación ou reutilización de primeiras materias, a produción e elaboración, reparación, envasado, transporte e distribución de produtos.

– Funciones que complementen á actividade industrial propiamente dita, como o almacenaxe e comercio maiorista.

– A industria escaparate con compoñentes terciarios.

– Solo destinado a servizos intermedios que interveñen como inputs directos nos procesos produtivos utilizados.

– Servizos de talleres e locais de reparación de vehículos, repostos ou maquinaria auxiliar.

– Aqueloutros non definidos anteriormente relativos a calquera actividade empresarial ou industrial: laboratorios, actividades de reciclado, etc.

a) Para o uso exclusivo da parcela CT poderá ser predominante o uso terciario, correspondente ao solo destinado a comercio maiorista e minorista, venda de servizos e produtos terminados, oficinas, lecer e recreo, deportivo, docente, comercial, administrativo, sociocultural e asistencial.

1. Usos compatibles: serán aqueles non recollidos como predominantes pero vinculados ao uso principal. A superficie máxima edificable correspondente a estes usos compatibles non superará o 20 % do total en cada parcela.

2. Usos prohibidos.

a) Todas aquelas actividades que non xustifiquen o cumprimento das condicións ambientais que se establecen nas normas da presente modificación de proxecto sectorial.

b) Usos de ocio e recreo, agás na parcela CT na que se permite dito uso.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo