Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018 polo que se someten ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-164, punto quilométrico 3+000 a 4+000, coa clave AC/17/142.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de treitos de concetración de accidentes na estrada AC-164, p.q. 3+000 a 4+000, coa clave AC/17/142.06.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén producindo nos últimos anos no treito considerado. O ámbito de actuación sitúase na estrada AC-164, pertencente á Rede primaria complementaria de estradas de Galicia, e afecta o termo municipal de Bergondo, na provincia da Coruña.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Reconfiguración de certas interseccións: disposición dunha glorieta (p.q. 3+050), cuñas de cambio de velocidade (p.q. 3+440 e 3+570) e reordenación dos movementos.

– Modificación da sinalización: prohibición dos xiros á esquerda, limitación da velocidade, reforzo desta.

– Reforzo da iluminación nas zonas críticas.

– Execución de zonas de espera nos pasos de peóns.

– Reforzo da sinalización horizontal e vertical.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), no Concello de Bergondo (estrada da Coruña, 12, 15165 Bergondo. A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-164, p.q. 3+000 a 4+000
Clave: AC/17/142.06

Concello de Bergondo

Referencia catastral

Políg.

Parcela

Titular

Clase

Uso
principal

Sup. predio (m2)

Sup.
exprop. m2

Sup.

ocup. en d.p. m2

Bens afectados

1

15008A03200001

32

1

Vázquez Toralla, Olivia

Rústico

Agrario

351,62

351,62

-

Palmeiras 2,00 ud.

Outras plantas camelias 7,00 ud.

Sebe baixa 65,00 ml

2

15008A03200003

32

3

Iglesias Villamor, Mª Luisa
(herdeiros de)

Rústico

Agrario

1.779,98

281,87

17,8

Cerramento vexetal (tuias) 41,31 ml

3

15008A03200004

32

4

Barbeito López, Raúl

Rústico

Agrario

2.190,51

5,77

-

4

15008A03100329

31

329

Placer Lorenzo, José

Rústico

Agrario

553,57

497,06

56,51

5

15008A03100260

31

260

Suárez Saavedra, Manuel

Rústico

Agrario

1.977,06

445,50

25,61

6

15008A03109010

31

9010

Desconto (municipal)

Rústico

Agrario

691,78

-

117,21

7

1366516NH6916N

13665

16

Vázquez Abelina (herdeiros de)

Rústico

Agrario

622,17

365,00

-

8

1366517NH6916N

13665

17

Entidade Pública Empresarial de Solo

Rústico

Agrario

816,60

15,13

-10,25

9

2067303NH6926N

20673

3

Prado Gómez, Mª Carmen

Urbano

Sen edificar

1.422,91

32,68

-

10

1967602NH6916N

19676

2

Edreira Fafían, Antonia
(herdeiros de)

Urbano

Sen edificar

772,77

25,51

-

Cerramento (muro formigón con malla metálica) 18,23 ml

Cerramento vexetal (tuias)18,23 ml

11

2066506NH6926N

20665

6

Peteiro Graña, Francisco

Urbano

Sen edificar

558,04

7,27

-

12

2066507NH6926N

20665

7

Peteiro Graña, Francisco

Urbano

Sen edificar

744,60

106,46

-

13

2167502NH6926N

20673

2

Concello de Bergondo

Urbano

Oficinas

660,03

0,81

7,1

14

2367910NH6926N

23679

10

Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C.

Urbano

Sen edificar

208,07

10,44

-