Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19270

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

O artigo 92 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na súa redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, modificou, no seu punto 6, a regulación dos sistemas de provisión definitiva dos postos de traballo reservados á escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional. En particular, a nova normativa estatal, establece unha nova porcentaxe para a valoración dos méritos xerais, méritos de determinación autonómica e méritos específicos.

Así mesmo, a disposición transitoria sétima da citada Lei 27/2013, no seu punto primeiro, establece que: «En tanto non entre en vigor o Regulamento previsto no artigo 92 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en todo aquilo que non se opoña ao disposto nesta lei, mantén a súa vixencia a normativa regulamentaria referida aos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación do citado artigo».

De conformidade co disposto no Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e de acordo co establecido na Orde do 10 de agosto de 1994 pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE núm. 192, do 12 de agosto), no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter nacional e a Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2018), sobre delegación de competencias, esta dirección xeral, á vista do informe proposta do xefe de servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local,

RESOLVE:

Dar publicidade á convocatoria do concurso ordinario de Galicia de traslados para a provisión dos postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional vacantes nas entidades locais, de conformidade coas bases comúns polas que se debe rexer o concurso, que se publican no anexo I, e a relación de bases, méritos autonómicos, méritos específicos e comisións avaliadoras aprobados por cada unha das corporacións locais que se mencionan no anexo II.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local

ANEXO I

Bases comúns

Primeira. Postos

Ofrécense neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas.

Segunda. Participación

1. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional, así como os funcionarios non integrados nas actuais subescalas, pertencentes aos extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar aos postos que se ofrecen nos termos seguintes:

– Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

– Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

– Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención.

– Os secretarios de concellos para extinguir, ás secretarías de concellos con poboación que non exceda os 2.000 habitantes.

– Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención.

– Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, pero unicamente a postos de tesouraría.

2. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentenza ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3.c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o paso a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se encontren nos supostos do artigo 20.1.f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira. Documentación e prazo para participar

1. No prazo de quince (15) días naturais, a partir da publicación conxunta deste concurso no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte nel dirixirán á corporación local do posto a que concursan a seguinte documentación:

– Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño (BOE do 9 de xullo).

– Documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base cuarta desta resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo I.

2. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica en todas as corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de quince (15) días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Subdirección Xeral de Relacións con Outras Administracións (rúa María de Molina, nº 50, 28071 Madrid). A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, e único, así mesmo, se se concursa a unha ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, cuxo único obxecto é evitar a adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada corporación local.

3. Os requisitos esixidos, así como os méritos, deberán reunirse na data correspondente á resolución da Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarta. Méritos de determinación autonómica

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional).

1. Méritos.

Os méritos relacionados co coñecemento das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia serán incluídos polas corporacións locais na respectiva convocatoria.

Para tales efectos, o baremo de méritos autonómicos está constituído polos seguintes:

– Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa autonómica de Galicia.

– Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

– Actividade docente: dirixida ao ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, persoal e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración con esta.

– Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e do dereito propio de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior é a seguinte:

– Experiencia profesional: ata un máximo de 0,90 puntos.

– Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1,50 puntos.

– Actividade docente: ata un máximo de 0,30 puntos.

– Publicacións: ata un máximo de 0,30 puntos.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servizos prestados valoraranse do seguinte xeito:

– Servizos prestados como funcionarios de carreira con habilitación de carácter nacional en postos reservados nas entidades locais de Galicia:

a.1) Da mesma subescala e categoría á cal se concursa: 0,03 puntos/mes.

a.2) De distinta subescala e categoría á cal se concursa: 0,02 puntos/mes.

– Servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma galega como funcionarios de carreira en postos non reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional:

a.1) Do subgrupo A1: 0,01 puntos/mes.

a.2) Do subgrupo A2: 0,005 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, universidades e organismos públicos dedicados á formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas, que previamente, fosen homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública para os efectos deste artigo.

Só se valorarán aqueles cursos que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia, exceptuándose os que forman parte dos procesos selectivos correspondentes.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola Escola Galega de Administración Pública en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola Escola Galega de Administración Pública indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos en que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

– Cursos con certificado de asistencia de duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,10 puntos por curso.

– Cursos con certificado de asistencia de duración superior a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento con duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,30 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento de duración superior a 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose os congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos pola comisión avaliadora.

A comisión avaliadora do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e coas puntuacións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Quinta. Méritos específicos

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se detallan no anexo II.

Sexta. Valoración de méritos

1. De acordo coas previsións da convocatoria, a comisión avaliadora comprobará e valorará os méritos específicos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro. Así mesmo, comprobará o coñecemento da lingua galega nos termos previstos no Decreto 103/2008, do 8 de xuño.

Non se valorarán aqueles méritos que non se consideren suficientemente acreditados coa documentación presentada.

2. Para a valoración dos méritos autonómicos no concurso ordinario, as comisións avaliadoras poderán solicitar á consellería competente en materia de réxime local informe respecto da puntuación das solicitudes presentadas.

3. Coa puntuación que se deduza das valoracións, sumada aos méritos xerais e autonómicos, a comisión elevará proposta á corporación comprensiva dos/das candidatos/as coa orde da valoración final de méritos.

4. A comisión de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria, excluíndo aqueles que non os reúnan. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte xeito tendo en conta o parágrafo 6 do novo artigo 92 bis da Lei de bases de réxime local, introducido pola Lei 27/2013, onde se establece unha nova repartición de porcentaxes sobre o total da puntuación de méritos (30 puntos) de cara aos concursos de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional:

– Méritos xerais, deben supoñer mínimo do 80 % da puntuación total, 24 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais aprobada pola Dirección Xeral de Función Pública, sen que sexa posible ningunha acreditación adicional por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte da comisión de valoración.

– Méritos específicos, un 5 % da puntuación total, 1,50 puntos, e méritos de determinación autonómica, non poderán superar o 15 % da puntuación total, ata un total de 4,5 puntos, con base na documentación acreditativa achegada polos concursantes.

Respecto dos postos que non teñan méritos específicos, a comisión de valoración asignará unicamente a puntuación de méritos autonómicos, se existiren.

5. Tamén poderán sinalar unha puntuación mínima no caso indicado no artigo 21.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, e a previsión dunha exposición oral para os efectos de concreción dos méritos.

6. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, a comisión avaliadora dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, resolverase conforme a orde de prelación de méritos xerais, seguindo a orde de enumeración deles determinada na normativa estatal. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima. Proposta de resolución

Efectuadas polo tribunal a exclusión e puntuación final de concursantes, elevará ao presidente da corporación proposta de resolución comprensiva de todos os non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos.

Oitava. Resolución

1. O presidente da corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración.

2. A dita resolución será motivada con referencia ao cumprimento das normas regulamentarias e das bases de convocatoria. En todo caso deberán quedar acreditadas, como fundamentos da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos candidatos e comprender, por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos.

3. A resolución do concurso será remitida á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos trinta días naturais seguintes ao de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Novena. Coordinación de nomeamentos

A Dirección Xeral da Función Pública, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectuar a coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, con adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e á puntuación obtida en cada un dos postos.

Décima. Formalización de nomeamentos

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral da Función Pública procederá a formalizar os nomeamentos, ao seu envío ás comunidades autónomas e a súa publicación no prazo dun mes, no Boletín Oficial del Estado.

Décimo primeira. Prazo de toma de posesión

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade, ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

2. Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución de nomeamentos no Boletín Oficial del Estado. Se o destino obtido comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computar desde a dita publicación.

3. O cómputo de prazos de toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen aos interesados.

4. Por necesidades do servizo, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferir o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres (3) meses; o segundo deles deberá dar conta deste acordo á Dirección Xeral de Cooperación Local.

Décimo segunda. Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos

Os concursantes non poderán renunciar ao concurso nin ao posto que sexa adxudicado a partir do momento en que os tribunais eleven proposta de resolución á corporación.

As adxudicacións de postos no concurso terán carácter voluntario e non xerarán, en consecuencia, ningún dereito ao aboamento de indemnización por traslado.

Décimo terceira. Cesamento e toma de posesión

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes inherentes ao posto, pasando a depender o funcionario da correspondente corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes serán comunicadas á Dirección Xeral de Cooperación Local e á comunidade autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo cuarta. Recursos

Os actos administrativos dos tribunais de valoración poderán ser impugnados conforme o previsto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO II

Bases específicas polas que se rexerán os concursos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional

* Adxunto á secretaría do Concello do Barco de Valdeorras (Ourense):

Denominación do posto: adxunto á secretaría.

Denominación da Corporación: Concello do Barco de Valdeorras.

Poboación en data 1.1.2016: 13.761 habitantes (fonte INE).

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 27.

Contía anual do complemento específico: 13.734,14 €.

– Baremo de méritos específicos:

A) Servizos prestados.

A puntuación máxima neste apartado será de 0,72 puntos.

Por ter exercido (servizo activo ou situación asimilada), en municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, como titular, en réxime de comisión de servizos ou en réxime de nomeamento provisional, postos de secretaría reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría de entrada ou ben postos de colaboración á secretaría cando a secretaría estea reservada á subescala de secretaría de entrada (postos previstos no artigo 2.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional): a razón de 0,006 puntos por mes de exercicio ata un máximo de 0,72 puntos. As fraccións inferiores ratearanse, considerando para estes efectos que o mes ten unha duración de trinta días.

Xustifícase valorar unicamente os servizos prestados como titular do posto, nomeamento provisional e en comisión de servizos xa que son as formas de prestación de servizo por parte de funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que garanten unha dedicación total ao posto e, polo tanto, o tempo efectivamente prestado, descartando outras formas de provisión como a acumulación ou a comisión circunstancial.

Xustifícase valorar unicamente a experiencia en postos reservados á subescala de secretaría de entrada e postos de colaboración á dita subescala xa que o posto que se pretende prover é un posto de colaboración a un posto reservado á subescala de secretaría de entrada entre cuxas funcións se atopa substituír a Secretaría en caso de vacante, ausencia ou enfermidade do titular da Secretaría e porque a clasificación vén determinada por parámetros orzamentarios e de poboación, parámetros que determinan en boa medida a complexidade e variedade dos procedementos administrativos. Deste xeito, valórase a experiencia en municipios de poboación e orzamento similar ao do Barco de Valdeorras.

Xustifícase exixir que os municipios onde se prestou o servizo pertenzan a Comunidade Autónoma de Galicia xa que a xuízo desta corporación o parámetro territorial determina, en boa medida, a complexidade e variedade dos procedementos administrativos ao contar Galicia con lexislación e normativa autonómica propia diferenciada.

Para acreditar estes méritos, pódese optar por unha ou varias destas opcións:

1. Achegar certificacións expedidas polo correspondente concello na que se especifique o posto, o nomeamento (concurso, libre designación, comisión de servizos ou nomeamento provisional) o período no que se exerceu e a situación administrativa na que estivo o funcionario.

2. Achegar certificado emitido polo órgano competente da Administración do Estado en materia de administracións públicas e habilitación nacional (que se pode solicitar na páxina https://sede.administracionespublicas.gob.es) que é a día de hoxe á Subdirección Xeral de Relacións con outras administracións da Dirección Xeral de Función Pública da Secretaría de Estado de Administracións Públicas do Ministerio de Facenda e Función Pública (enderezo: rúa María de Molina, 50, 28071 Madrid) ou polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, actualmente o Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE, da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia (enderezo: rúa Madrid, 2-4, 2º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

A pertenza do municipio á Comunidade Autónoma de Galicia será comprobada de oficio polo tribunal.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

A puntuación máxima por este punto será de 0,63 puntos.

Soamente se valorarán os cursos que conten con puntuación para os efectos dos méritos dos concursos de postos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional recoñecida polos órganos competentes.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Valorarase con 0,001 puntos por cada hora recibida en accións formativas en materia de contratación, emprego público, recursos humanos, dereito da publicidade, telecomunicacións, novas tecnoloxías, administración electrónica, responsabilidade patrimonial, urbanismo, expropiación, servizos públicos, función consultiva e normativa comunitaria relacionada coas materias anteriores e a normativa local.

Os cursos acreditaranse mediante copia simple, compulsada ou orixinal dos títulos e/ou certificados de asistencia e superación ou aproveitamento a que se refiran, de xeito que na documentación presentada conste o número de horas, materia sobre a que versa, a data da convocatoria do curso, as datas da súa celebración e a puntuación que corresponde para os efectos de méritos nos concursos de postos reservados a habilitados nacionais. Para o caso de que no título do curso ou certificado non conste algún dos datos a que se refire este parágrafo, deberase presentar a documentación que o acredite (por exemplo, mediante o certificado emitido polo órgano competente da Administración do Estado ou autonómica ao que se refire a letra A punto 2).

C) Outros requisitos: non se valoran.

Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidente: Juan Marquina Fuentes, vicesecretario da Deputación Provincial de Ourense.

1º vogal: Francisco Javier Llorente Serrano, secretario-interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

2ª vogal: María Fe González Marquina, interventora asesora da Deputación Provincial de Ourense.

3ª vogal: María del Rosario Concepción Paradelo Fernández, secretaria-interventora do Concello de Larouco.

4ª vogal secretaria: Ana Álvarez Blanco, adxunta á intervención do Concello do Barco de Valdeorras.

Tribunal suplente:

Presidente: Miguel González López-Mosquera, tesoureiro da Deputación Provincial de Ourense.

1º vogal: Raúl Gallego Hernández, secretario-interventor do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

2º vogal: Evaristo Crespo Rodríguez, secretario-interventor do Consello Comarcal do Bierzo.

3ª vogal: Ana María González García, tesoureira do Consello Comarcal do Bierzo.

4ª vogal secretaria: María Teresa Diz Alonso, tesoureira do Concello de Monforte de Lemos.

* Secretaría-intervención do Concello de Lousame (A Coruña).

Entidade e provincia: Concello de Lousame (A Coruña).

Denominación e clase de posto: secretaria-intervención.

Subescala e categoría: secretaría-intervención, sen categoría.

Poboación a 1.1.2016: 3.429 habitantes.

Complemento de destino: 28.

Complemento específico anual: 14.712,56 €.

Baremo de méritos específicos:

– Méritos profesionais (ata un máximo de 0,72 puntos).

A) Servizos prestados en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría-intervención ou secretaría, en concellos de Galicia, calquera que sexa o tipo de nomeamento (definitivo, provisional, comisión de servizos ou acumulación), que conten cun Plan xeral de ordenación municipal aprobado, adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia ou Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Serán valorados a razón de 0,015 puntos por mes completo de servizo ata un máximo de 0,72 puntos.

O Concello de Lousame conta cun Plan xeral de ordenación municipal aprobado, adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Considérase conveniente valorar a experiencia do funcionario en concellos cun planeamento adaptado, dada a importancia cuantitativa e cualitativa da área de urbanismo na vida municipal (planeamento, xestión, licenzas e disciplina) e tendo en conta que o secretario-interventor está chamado a efectuar o asesoramento xurídico, así como o impulso da tramitación administrativa nesta materia.

Trátase dun mérito que está vinculado directamente ás funcións do posto, xa que o urbanismo non é unha competencia accesoria ou privativa de determinados municipios, senón un ámbito funcional irrenunciable e común para todos os concellos, polo que valorar este mérito resulta congruente e lexítimo. Por outra banda, permite valorar unha específica experiencia (en concellos con planeamento adaptado) que resulta positiva para a eficacia municipal. Así tamén o recoñeceu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 842/2011, do 20.7.2011.

B) Cursos de formación e perfeccionamento (ata un máximo de 0,63 puntos).

Por tratarse dun pequeno municipio, a súa organización administrativa está composta fundamentalmente por persoal administrativo e auxiliar, que precisa dunha colaboración máis intensa do habilitado nacional para a tramitación dos expedientes administrativos que a que se poida exixir noutras entidades con maior número de técnicos especializados nas diferentes áreas administrativas.

Soamente se valorarán os cursos impartidos polas administracións públicas (estatal, autonómica e local), institutos ou escolas oficiais de administración pública (INAP, EGAP,…), colexios oficiais de secretarios, interventores e secretarios-interventores cando sexan recoñecidos e valorados polas administracións públicas e universidades.

Non se valorarán aqueles cursos que teñan unha duración inferior ás 15 horas nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aprobe a convocatoria do concurso.

Co obxecto de seleccionar un candidato que posúa formación específica no maior número de materias posibles, outorgarase unha puntuación de 0,02 puntos por cada curso, ata un máximo de 0,10 puntos en cada unha das seguintes tipoloxías:

1. Cursos en materia urbanística (xestión urbanística, disciplina urbanística, aspectos prácticos do urbanismo, etcétera): 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

2. Cursos en materia de contratación administrativa (contratación no ámbito local, aspectos prácticos da contratación, pregos contractuais, etcétera): 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

3. Cursos en materia electoral (réxime electoral local, disolución e constitución de corporacións tras as eleccións, etcétera): 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

4. Cursos sobre o patrimonio (xestión patrimonial nas entidades locais, administración dos recursos patrimoniais, etcétera): 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

5. Cursos en materia expropiatoria, en calquera das súas tipoloxías: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

6. Cursos sobre a xestión dos recursos humanos na Administración local, racionalización dos recursos humanos, especialidades sobre o persoal laboral temporal, etcétera: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

7. Cursos sobre os servizos públicos locais: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

8. Cursos sobre a xestión de axudas e subvencións para as entidades locais: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

9. Cursos sobre a actividade de fomento das entidades locais: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

10. Cursos sobre a protección de datos de carácter persoal: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

11. Cursos sobre a fiscalización dos municipios e o control financeiro da intervención: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

12. Cursos sobre os orzamentos das entidades locais: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

13. Cursos sobre plans de axuste e plans económico-financeiros: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

14. Cursos sobre as tesourarías e xestión de ingresos locais: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

15. Cursos sobre as indemnizacións por razón do servizo: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

16. Cursos sobre o dereito público autonómico de Galicia: 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

17. Cursos de especialización no coñecemento da lingua galega (linguaxe administrativa media, superior, redacción de documentos técnico-xurídicos en galego): 0,02 puntos/curso, ata un máximo de 0,10.

A puntuación máxima nesta epígrafe será de 0,63 puntos.

A acreditación dos méritos correspondentes aos cursos de formación e perfeccionamento efectuarase por algún dos seguintes medios: 1) mediante a achega do diploma ou certificado de asistencia no que figure a duración e superación do curso; 2) mediante certificado de servizos expedido pola Subdirección Xeral de Relacións con outras administracións, onde figuren os cursos recibidos polo funcionario; 3) mediante certificado de servizos expedido polo organismo autonómico competente, onde figuren os cursos realizados polo funcionario.

C) Actividade docente (ata un máximo de 0,15 puntos).

Valorarase cando vaia dirixida ao ensino das materias sobre réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, urbanismo, persoal e réxime económico financeiro das entidades locais en cursos organizados, homologados ou recoñecidos polo INAP ou EGAP.

A valoración deste mérito está vinculado directamente ás funcións do posto xa que a actividade docente implica o estudo en profundidade, a especialización e a excelencia nas materias que se imparten; que ao referise ás propias da actividade municipal, supoñen a adquisición duns coñecementos que resultarán positivos para a eficacia e eficiencia municipais.

A súa valoración será a razón de 0,002 puntos por hora impartida e excluiranse congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes. Acreditarase mediante certificado emitido polo organismo competente no que conste a materia e o número de horas impartidas.

D) Entrevista persoal.

Non se prevé a realización de entrevista persoal.

Méritos de valoración autonómica:

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto no Decreto 429/2009, do 26 de febreiro.

Méritos xerais:

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na normativa estatal reguladora.

Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidencia: Ana María Reyes Cambre, secretaria do Concello de Mazaricos.

Secretaría: Patricia Fernández Pérez, interventora do Concello de Rianxo.

1º vogal: José Manuel González García, secretario do Concello de Porto do Son.

2ª vogal: Manuela Barcia Vázquez, interventora do Concello de Outes.

3ª vogal: Ana María Ares Álvarez, secretaria do Concello de Padrón.

Tribunal suplente:

Presidencia: María López Docampo, interventora do Concello de Noia.

Secretaría: Faustino José Villamor Iglesias, interventor do Concello da Pobra do Caramiñal.

1ª vogal: Paula Suárez Cotelo, interventora do Concello de Camariñas.

2ª vogal: Sonia Lorenzo Barbeito, interventora do Concello de Muxía.

3ª vogal: Virginia Fraga Díaz, secretaria do Concello de Teo.

* Secretaría-Intervención do Concello da Pontenova (Lugo):

Entidade e provincia: Concello da Pontenova (Lugo).

Denominación e clase do posto: secretaría-intervención do Concello da Pontenova.

Subescala e categoría: secretaría-intervención, clase terceira.

Poboación en data do 1.1.2017: 2.330 habitantes.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 17.732,28 €.

– Baremo de méritos específicos.

A) Experiencia profesional (ata un máximo de 0,72 puntos):

Por servizos prestados en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría-intervención, en concellos de Galicia, en réxime de nomeamento definitivo, provisional ou comisión de servizos, nos que, durante o tempo de prestación de servizos contasen cun orzamento igual ou superior (en créditos iniciais) a 2 millóns de euros e aprobasen, provisionalmente ou provisional e definitivamente algún instrumento municipal de planeamento xeral ou modificación do mesmo, segundo a tramitación da Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia, ou da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (0,02 puntos por mes completo de servizos ata un máximo de 0,72 puntos).

O Concello da Pontenova conta actualmente cun orzamento municipal para este exercicio que supera os 2 millóns de euros, importe que representa o promedio destes últimos anos, sendo superado previsiblemente para o vindeiro exercicio, como consecuencia en gran parte das transferencias correntes de ingresos do capítulo 4 (participación nos tributos do Estado e no Fondo de Cooperación Local Autonómico) e dos impostos municipais directos do capítulo 1 do orzamento de ingresos. En gastos, destacan os gastos de persoal do capítulo 1 e os gastos en bens correntes e servizos do capítulo 2, piares sobre os que se sustenta o orzamento municipal de ingresos e gastos deste concello.

Se comparamos a poboación municipal deste concello e o orzamento municipal, observamos, en comparación co resto de concellos de menos de 5.000 habitantes, que A Pontenova dispón dun importante movemento económico de gastos e ingresos, o que implica a tramitación dun maior número de contratos de obras e servizos a nivel de gastos, así como de subvencións a nivel de ingresos respecto a outros concellos, representando igualmente un elevado número de asentos contables na contabilidade municipal, os cales superan con creces os 5.000 anuais nos últimos exercicios.

A consecuencia do anteriormente exposto, o Concello da Pontenova prima valorar este mérito, por tratarse dun criterio obxectivo empregado na clasificación de postos reservados a funcionarios con habilitación nacional para fixar responsabilidades municipais, estando relacionado directamente coas funcións do posto de secretaría-intervención, como son o control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, funcións de contabilidade e recadación, xustificándose na necesidade de axustarse ás necesidades orzamentarias e á xestión da secretaría-intervención dun concello de características similares ao da Pontenova.

Por outro lado, o Concello da Pontenova conta na actualidade cun polígono industrial. Este atópase actualmente en fase de expansión, en proceso de incremento da superficie de solo industrial permitido legalmente. Todo este proceso de expansión do polígono industrial estase a articular mediante a tramitación da aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no eido do parque empresarial, segundo o establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, pero adaptando o contido das súas determinacións á Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia, en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da citada lei, polo que se considera importante a experiencia adquirida na tramitación deste tipo de instrumentos de planeamento xeral (plans xerais de ordenación municipal ou normas subsidiarias de planeamento) ou modificacións destes, seguindo o procedemento recollido na normativa urbanística galega vixente actualmente ou, no seu defecto, na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Finalmente, indicar que o Concello da Pontenova carece de Plan xeral de ordenación municipal, tendo como obxectivo prioritario a medio prazo a aprobación definitiva deste, atopándose actualmente en fase de inicio, pendente de aprobación inicial, a cal non se puido levar a cabo como consecuencia da entrada en vigor da nova Lei do solo de Galicia, polo que a experiencia adquirida neste punto servirá de base para o asesoramento legal preceptivo, desde a secretaría-intervención, na completa tramitación da aprobación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Pontenova, seguindo integramente as previsións da Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia.

En definitiva, a Corporación Local acorda primar, á hora de cubrir este posto de traballo, a experiencia adquirida en municipios de Galicia con estas características, características que concorren en máis concellos da Comunidade Autónoma, son concordantes coas deste municipio e esa experiencia considérase fundamental para o desempeño deste posto de traballo e as funcións que este ten atribuídas, como son, entre outras, o control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, así como o asesoramento legal preceptivo en materia e urbanística.

Non se valoran os servizos prestados mediante acumulación de funcións en concellos destas características, por tratarse dun réxime de provisión de postos de carácter excepcional, limitado no tempo e que implica un desempeño do posto de traballo nunha porcentaxe de xornada claramente inferior aos valorados neste punto de experiencia (nomeamento definitivo, provisional e comisión de servizos).

A experiencia profesional acreditarase mediante certificación expedida polo concello ou entidade en que se prestaron servizos coa especificación das características sinaladas e tempo de servizo prestado no Concello.

B) Cursos de formación e perfeccionamento (ata un máximo 0,63 puntos):

Os cursos valoraranse conforme os seguintes criterios.

Soamente se valorarán os cursos impartidos polas administracións públicas (Administración xeral do estado, comunidades autónomas e Administración local), centros e escolas públicas dedicadas especialmente á formación de funcionarios (INAP, EGAP, universidades públicas...) e colexios oficiais de secretarios, interventores e secretarios-interventores da Administración local cando sexan recoñecidos e valorados polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local) ou centros e escolas públicas dedicadas especialmente á formación de funcionarios (INAP, EGAP,...).

Para os efectos de garantir a actualización dos coñecementos, só serán valorados aqueles cursos cuxa data de expedición do diploma acreditativo sexa como máximo de hai 15 anos.

Neste punto valoraranse os cursos en materia de dirección, xestión e xerencia pública no eido da Administración local. A razón de 0,0010 puntos/hora cun máximo de 0,63 puntos.

Os cursos acreditaranse mediante copia compulsada dos títulos ou certificados de asistencia a que se refiren.

Os cursos en materia dirección, xestión e a xerencia pública local achegan ao habilitado nacional uns amplos coñecementos para a dirección e xestión do persoal municipal, resultando clave á hora de coordinar a actividade administrativa municipal, para a racionalización de recursos e simplificación administrativa, coordinación procedemental na tramitación de expedientes municipais e impulso destes, desde o inicio, informe destes, propostas de resolución e resolución destes mediante decreto/acordo plenario/acordo da Xunta de Goberno Local. Isto resulta transcendental no Concello da Pontenova, onde persoal funcionario e laboral administrativo convive de forma conxunta nas oficinas municipais, máxime tendo en conta que o Concello da Pontenova carece de relación de postos de traballo e acordo regulador das condicións de traballo para os empregados públicos, que impiden a descrición dos postos de traballo e valoración económica destes, así como das funcións a realizar por cada un dos traballadores que integran o persoal con tarefas administrativas dentro das oficinas municipais, polo que a coordinación das funcións que se van realizar entre o distinto persoal municipal resulta clave polo habilitado nacional que desempeñe o posto de Secretaría-Intervención neste concello.

Ademais, considérase que este tipo de cursos tratan sobre materias directamente relacionadas coas características e funcións correspondentes ao posto de traballo de secretaría-intervención, englobando a dirección, a xestión e a xerencia pública local materias como a planificación de recursos humanos, a negociación colectiva, a coordinación de servizos municipais, a xestión económico-financeira local..., materias que unicamente estudadas de forma conxunta e integral nos distintos cursos de dirección, a xestión e a xerencia pública local, e non de forma individualizada, permiten ter uns amplos coñecementos sobre os méritos valorados por este Concello neste punto de formación.

C) Outros méritos (non se valoran).

En ningún caso se valorarán os méritos que non estean debidamente xustificados no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias. Tampouco serán tidos en conta aqueles méritos que se baseen exclusivamente en afirmacións vertidas polo solicitante na súa instancia ou nas aclaracións que ofreza, en caso de ser solicitadas posteriormente polo tribunal, nin os que se xustifiquen por copias simples.

D) Entrevista persoal.

Non se prevé a realización de entrevista persoal.

Méritos de valoración autonómica:

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto no Decreto 429/2009, do 26 de febreiro.

Méritos xerais:

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na normativa estatal reguladora.

Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

E) Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidenta: Nadia Díaz Vázquez, secretaria-interventora do Concello de Taboada (Lugo).

Secretaria e 1ª vogal: María Cristina González Santín, interventora do Concello de Chantada (Lugo).

2º vogal: Froilán Pallín Seco, secretario-interventor do Concello de Pol (Lugo).

3º vogal: Manuel Fernández Fernández, secretario-interventor do Concello de Riotorto (Lugo).

4ª vogal: Ana Barreiro Gómez, secretaría-interventora do Concello de Trabada (Lugo).

Tribunal suplente:

Presidenta: Ruth López-Mosquera García, secretaria-interventora do Concello de Mondoñedo (Lugo).

Secretaria e 1ª vogal: Leticia Rodríguez Díaz, secretaria-interventora do Concello de Folgoso do Courel (Lugo).

2º vogal: Víctor Voces López, secretario do Concello de Burela (Lugo).

3º vogal: Juan José Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo (Pontevedra).

4ª vogal: Bárbara Veiga Vidal, secretaria-interventora do Concello de Pazos de Borbén (Pontevedra).

* Tesouraría do Concello de Carballo (A Coruña):

Denominación do posto: tesouraría.

Denominación da corporación: Concello de Carballo.

Poboación a 1.1.2017: 31.195 habitantes (fonte INE).

Subescala: intervención-tesouraría.

Nivel de complemento de destino: 30.

Contía anual do complemento específico 2018: 32.701,34 €.

Puntuación mínima (artigo 21.2 do Decreto 49/2009): 25 % da puntuación total.

– Baremo de méritos específicos: (ata 1,5 puntos).

A) Servizos prestados.

Non se valoran.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

Non se valoran.

C) Outros requisitos.

Non se valoran.

D) Entrevista persoal.

Non se prevé a realización de entrevista persoal.

Méritos de valoración autonómica:

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Méritos xerais:

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na normativa estatal reguladora.

Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

Os concursantes que non acrediten a posesión do título establecido no parágrafo anterior, participarán nunha proba eliminatoria que se cualificará como apto ou non apto, destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao conseguido coa obtención do Celga 4 ou equivalente, nos termos sinalados no dito decreto.

Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidenta: María Irache Enríquez Albaina; FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

1º vogal: Carlos Moure Vieiro, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

2ª vogal: Marta Roca Naveira, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada.

3ª vogal: Paula Castro Mazorra, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

4º vogal secretario: Jaime Presas Beneyto, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada.

Tribunal suplente:

Presidente: José Villán Fuertes, FHN, subescala de secretaría, categoría superior.

1ª vogal: María Álvarez Suárez, funcionaria Concello de Carballo, escala de Administración xeral, subescala técnica.

2ª vogal: Mª Pilar Canzobre Méndez, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

3ª vogal: María del Mar Suárez Campo, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.

4ª vogal secretaria: Ana Mª Iglesias Gato, FHN, subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada.

3. Nomear aos membros da Comisión de avaliación que se designan nas bases e notificar a cada un deles.

4. De acordo co artigo 27.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, expoñer ao público mediante anuncio no BOP da Coruña o contido deste acordo e as bases por prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións ou alegacións no mencionado prazo, considerándose definitivamente aprobado en caso contrario.

* Secretaría-intervención da Deputación Provincial de Lugo.

Corporación: Deputación Provincial de Lugo.

Denominación do posto: secretario/a-interventor/a (nº 1.415).

Escala, subescala e categoría a que pertence o posto: habilitación de carácter nacional. Secretario-interventor.

Nivel de complemento de destino: 27.

Contía do complemento específico: 2.070,80 €/mes.

Situación da praza na data da convocatoria: vacante e dotada.

1. Baremo de méritos específicos (5 % do total: 1,5 puntos).

A) Méritos profesionais (máximo 0,72 puntos).

Baremo:

Por servizos prestados en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría-intervención en servizos provinciais ou autonómicos de asistencia a concellos, en réxime de nomeamento definitivo, provisional ou comisión de servizos: 0,01 por mes completo de servizos (ata un máximo de 0,72 puntos).

Acreditación:

Acreditarase con certificación expedida pola Administración na que se prestasen os servizos.

Motivación:

Considérase necesario primar, á hora de cubrir este posto de traballo, a experiencia adquirida en servizos provinciais ou autonómicos de asistencia a concellos. Esta experiencia considérase fundamental para o desempeño deste posto de traballo, dada a singularidade das funcións atribuídas a este por tratarse dun posto adscrito a un servizo de asistencia a concellos.

B) Cursos de formación e perfeccionamento (máximo 0,63 puntos).

Os cursos valoraranse conforme aos seguintes criterios:

Só serán valorados cursos impartidos polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), centros e escolas públicas dedicadas especialmente á formación de persoal funcionario (INAP, EGAP…), universidades e colexios oficiais de secretarios/as, interventores/as e secretarios/as interventores/as da Administración local cando sexan recoñecidos e valorados polas administracións públicas devanditas.

Neste punto valoraranse os cursos que traten sobre materias relacionadas co urbanismo, persoal e xestión de recursos humanos, contratación pública, xestión de servizos públicos, xestión económica-financeira, contabilidade, organización e funcionamento das entidades locais e administración electrónica.

Baremo:

Os cursos serán valorados a razón de 0,002 puntos por hora impartida, ata un máximo de 0,63 puntos. Para os efectos de garantir a actualización dos coñecementos, só serán valorados aqueles cursos cuxa data de expedición do diploma acreditativo sexa como máximo de hai 15 anos.

Acreditación:

Os cursos acreditaranse mediante copia compulsada dos títulos ou certificados de asistencia (e de aproveitamento, se é o caso) a que se refiren.

Motivación:

Considérase necesario garantir neste punto unha adecuada formación nas materias sinaladas, que constitúen as áreas de xestión respecto ás cales é solicitada na maior parte das ocasións a asistencia por parte dos concellos ao servizo provincial de cooperación e asistencia.

C) Outros méritos (máximo 0,15 puntos).

Actividade docente (máximo de 0,10 puntos):

Actividades de dirección, titorización e impartición en cursos (excluíndo congresos, conferencias, xornadas, simposios, encontros ou similares cunha duración inferior a 5 horas lectivas) que traten sobre materias relacionadas co urbanismo, persoal e xestión de recursos humanos, contratación pública, xestión de servizos públicos, xestión económica-financeira, contabilidade, organización e funcionamento das entidades locais e administración electrónica.

Só será valorada a actividade docente en cursos convocados polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), centros e escolas públicas dedicadas especialmente á formación de persoal funcionario (INAP, EGAP…), universidades e colexios oficiais de secretarios/as, interventores/as e secretarios/as interventores/as da Administración local cando sexan recoñecidos e valorados polas administracións públicas devanditas ou centros e escolas públicas dedicadas especialmente á formación da formación de persoal funcionario (INAP, EGAP…).

Baremo:

As ditas actividades docentes serán valorados a razón de 0,002 puntos por hora de actividade formativa.

Publicacións de monografías ou artigos (máximo de 0,05 puntos).

O contido das monografías e artigos tratarán sobre materias relacionadas co urbanismo, persoal e xestión de recursos humanos, contratación pública, xestión de servizos públicos, xestión económica-financeira, contabilidade, organización e funcionamento das entidades locais e administración electrónica.

Só se valorarán as monografías e/ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

Baremo:

As ditas publicacións serán valorados a razón de 0,01 por cada monografía e 0,005 puntos por cada artigo.

Motivación:

Considérase necesario valorar positivamente función de docencia e publicacións relacionadas coas materias sobre as que se concentran a maior parte das solicitudes de asistencia formuladas polos concellos ao servizo provincial de cooperación e asistencia a concellos.

2. Méritos de determinación autonómica.

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional), conforme as regras e condicións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro e que serán valorados ata un 15 % do total da puntuación máxima posible do conxunto do concurso.

3. Méritos xerais.

Os méritos xerais son os determinados pola Administración do Estado, a acreditación da cal efectuarase pola Dirección Xeral competente por instancia dos interesados, que serán valorados ata un 80 % do total da puntuación máxima posible do conxunto do concurso.

4 Coñecemento do idioma galego.

Para cumprimento do establecido na normativa de aplicación, nos termos previstos no Decreto 103/2008, do 8 de xuño, pola que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os aspirantes deberán acreditar mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso, estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Aqueles aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, deberán facer unha proba na que se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento de galego que deberá ser equivalente ao exixido para o Celga 4.

5. Puntuación mínima e entrevista.

A) Puntuación mínima. Non se establece.

B) Entrevista. Non se prevé.

6. Comisión de valoración.

Comisión titular:

Presidente: Manuel García Mel, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.

Secretario: Cristóbal Víctor Fraga Bermejo, secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo.

1º vogal: Manuel Castiñeira Castiñeira, secretario-interventor e xefe do Servizo de Asistencia Xurídica, Técnica e Económica aos concellos da Deputación Provincial de Lugo.

2ª vogal: Rosa Abelleira Fernández, interventora da Deputación Provincial de Lugo.

3ª vogal: Mónica Vázquez Fandiño, secretaria-interventora do Concello de Láncara.

Comisión suplente:

Presidente: Arximiro Fernández Arias, técnico asesor en recursos humanos da Deputación Provincial de Lugo.

Secretario: José Antonio Mourelle Cillero, secretario-interventor, adxunto á Secretaría Xeral.

1ª vogal: Rosa Ana Rubiera Álvarez, secretaria do Concello de Vilalba.

2ª vogal: Gloria Baamonde Tomé, xefa do Servizo de Fiscalización da Deputación Provincial de Lugo.

3ª vogal: Luz María Villa Álvarez, interventora do Concello de Vilalba.