Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19267

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no Concello de Tomiño.

O Concello de Tomiño solicitou, tras a tramitación do oportuno expediente, ao abeiro do disposto no artigo 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e o artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, á Dirección Xeral de Administración Local a supresión de posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional nos seguintes termos:

Entidade local: Concello de Tomiño.

Posto: adxunto a intervención.

Subescala: secretaría-intervención.

Forma provisión: concurso.

O xefe do Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na disposición transitoria VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), tras o exame do expediente emitiu o correspondente informe proposta (no cal levou a cabo a análise do réxime xurídico aplicable, competencia, requisitos para a concesión e condicións), que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local, favorable á clasificación solicitada.

De acordo co informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e o artigo 1.6 da Orde do 29 de decembro de 2017 sobre delegación de competencias (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2018),

RESOLVO:

Primeiro. Suprimir o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:

Entidade local: Concello de Tomiño.

Posto: adxunto a intervención.

Subescala: secretaría-intervención.

Forma provisión: concurso.

Segundo. Clasificar o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:

Entidade local: Concello de Tomiño.

Posto: tesouraría.

Subescala: intervención-tesourería.

Forma provisión: concurso.

Terceiro. Adscribir ao funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional Ricardo Pernas Romaní ao actual posto de tesoureiro.

Cuarto. Publicar esta resolución no DOG así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para os efectos da súa publicación no BOE.

Quinto. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén, potestativamente, interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos do artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local