Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao monte de Savane, no concello de Navia de Suarna (expediente 34/92).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 6 de marzo de 2018, figura o seguinte acordo:

Monte de Savane (expediente 34/92), no termo municipal de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común mediante a Resolución do Xurado Provincial do 29 de marzo de 1993. Con data do 16 de febreiro de 2018 ten entrada copia da Sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada, do 28 de decembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 55/2017, na cal, estimando a demanda presentada, se declara: «(...) que o monte de Savane é abertal, de voces, varas ou fabeo, comunidade de tipo romano, e que José López López é un dos seus copropietarios. Condeno a demandada a aterese á anterior manifestación, facendo renuncia a favor de José López López e demais copropietarios do monte abertal de Savane e absténdose de realizar actos de desfrute ou posesión sobre el. Remítase oficio ao Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo con certificación da presente sentenza (...)». Examinada a dita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder a anular a clasificación e á cancelación da inscrición do monte no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 21 de marzo de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo