Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos ao monte de Lea, concello de Friol (expediente 29/76).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 6 de marzo de 2018, figuran os seguintes acordos relativos ao monte de Lea (expediente 29/76), pertencente aos veciños da parroquia de Lea, do concello de Friol, clasificado polo xurado con data do 29 de abril de 1977:

Con data do 7 de marzo de 2017 ten entrada copia autenticada da sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, con data do 14 de decembro de 2016, recaída no xuízo verbal 303/2016, na que, estimando a demanda presentada, se declara que cada un dos demandantes é propietario dos predios que se describen na decisión. Por Auto do 4 de xaneiro de 2017 aclarouse a parte dispositiva anteriormente mencionada. Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 8 de febreiro de 2018, emítese informe (nº 17/17), no que se especifican as modificacións resultantes, quedando o monte de Lea cunha superficie de 85,88 hectáreas. Xúntase bosquexo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, procedendo ás correccións oportunas, coa incorporación do bosquexo referido ao expediente de clasificación.

Con data do 8 de setembro de 2017 ten entrada copia autenticada da sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Lugo, con data do 14 de xuño de 2017, recaída no procedemento ordinario 45/2017, na que, estimando a demanda presentada, se declara que os demandantes son propietarios dos predios que se describen na decisión. Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 16 de febreiro de 2018, emítese informe (nº 60/17), no que se especifican as modificacións resultantes, quedando o monte de Lea cunha superficie de 66,94 hectáreas, tendo en conta a sentenza recollida no punto anterior. Xúntase bosquexo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, procedendo ás correccións oportunas, coa incorporación do bosquexo referido ao expediente de clasificación.

Con data do 30 de xaneiro de 2018 ten entrada copia autenticada da sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, con data do 18 de xaneiro de 2018, recaída no xuízo verbal 958/2017, na que, estimando a demanda presentada, se declara que a parcela 2 do polígono 103 do Catastro de Rústica de Friol é propiedade do demandante. Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 20 de febreiro de 2018 emítese informe (nº 10/18), especificando as modificacións resultantes, quedando o monte de Lea cunha superficie final de 64,39 hectáreas, tendo en conta as dúas sentenzas recollidas nos puntos anteriores. Xúntase o bosquexo final da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, procedendo ás correccións oportunas, coa incorporación do bosquexo referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 21 de marzo de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo