Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do bosquexo do expediente 35/78 e un máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de bosquexos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 6 de marzo de 2018, figuran os seguintes acordos:

Monte Carracedo e Rioseco (expediente 35/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bretoña, no termo municipal da Pastoriza, clasificado polo xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 23 de febreiro de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo bosquexo para o monte Carracedo e Rioseco, axustando a superficie a unha cartografía actualizada na súa zona estremeira con zonas de concentración parcelaria, quedando o monte cunha superficie de 263,03 hectáreas de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación dos bosquexos aos expedientes, e constancia segundo o Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito anteriormente.

Monte Coto das Louseiras de Xemil (expediente 36/78), pertencente aos veciños do lugar de Xemil, da parroquia de Bretoña, no termo municipal da Pastoriza, clasificado polo xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 23 de febreiro de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo bosquexo para o monte Coto das Louseiras de Xemil, axustando a superficie a unha cartografía actualizada na súa zona estremeira con zonas de concentración parcelaria, quedando o monte cunha superficie de 224,80 hectáreas de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do bosquexo ao expediente, e constancia segundo o Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito anteriormente.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido na disposición décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Lugo, 21 de marzo de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo