Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18361

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (620/2015).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 620/2015 seguido por instancia de Seisrodas Vigo, S.L. fronte a Transportes Barrios, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 13 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 620/2015 promovidos por Seisrodas Vigo, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e asistida polo letrado Alejandro José Fernández González, contra Transportes Barrios, S.L., en rebeldía procesual, autos dos cales resultan os seguintes.

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Seisrodas Vigo, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González, contra Transportes Barrios, S.L., en rebeldía procesual, e en consecuencia:

Declaro resolto o contrato de arrendamento de vehículo sen condutor con opción de compra celebrado entre as partes o 1 de agosto de 2014.

Condeno a demandada Transportes Barrios, S.L. a entregar á demandante o semirremolque frigorífico marca Mirofret con matrícula PO-2865-R con número de bastidor VS9SA3NS4WAO13674.

Condeno a demandada Transportes Barrios, S.L., ao pagamento de once mil douscentos cincuenta e oito euros (11.258 euros), cos xuros legais, máis as rendas que se devindiquen con posterioridade a esta resolución e ata a efectiva posta á disposición do semirremolque á demandante.

Condeno a demandada Transportes Barrios, S.L. ao pagamento das custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Transportes Barrios, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza