Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista denominado Modificado de proxecto de planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Verín, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2017/22-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 22.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Verín (expediente IN627A 2008/14-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 13 de xullo de 2012 e no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 5.9.2012.

O 19.7.2017 Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para a subministración ao termo municipal de Verín (Ourense). Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa a que se fai referencia nos antecedentes.

O 15.2.2018 Nedgia Galicia, S.A. presentou unha modificación ao proxecto inicial. Nela auméntase a capacidade de almacenamento dos depósitos de GNL de 60 m3 a 80 m3 e adáptase o deseño da planta á nova especificación interna do grupo Gas Natural PE.05186.GN-DG «Deseño e construción de plantas satélite de GNL».

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para a subministración de gas natural ao termo municipal de Verín (Ourense).

Descrición das instalacións:

Ás instalacións que se van realizar son:

• Planta satélite de almacenamento e regasificación de GNL: tanque de almacenamento de GNL horizontal de 80 m3, unidade para descarga de cisternas, módulos de regasificación, regulación, medida, odorización e sistemas auxiliares; con presión de saída a 3,5 bar.

• Superficie ocupación módulo regasificación: 1.691 m2.

• Situación: parcela 7433908PG2473S0001SO do Polígono Empresarial de Pazos (Verín).

• Conexión da planta de GNL proxectada coa rede de distribución existente de GLP do termo municipal de Verín (Ourense) coa presión máxima de operación 3,5 bar e unha lonxitude de 3 m en tubaxe de polietileno de alta densidade.

Concello: as solicitudes afectan o termo municipal de Verín, na provincia de Ourense.

Orzamento: douscentos vinte mil douscentos oitenta euros con noventa e sete céntimos. (220.280,97 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio. Poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa M. Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas