Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a entidade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente DAS-2018/2.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo, a resolución sobre inscrición da disolución da asociación, por non ser posible a súa notificación polo sistema de notificacións electrónicas nin a través de correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á entidade interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, número 79-1º, de Ourense, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde el día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 6 de marzo de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: DAS-2018/2.

Entidade: Asociación Fonte (Fundación Ourensana do Noroeste de Traballo con Excluídos).

NIF: G32324634.

Último enderezo: r/ Progreso, núm. 95-1º B, 32003 Ourense.

Data da resolución: 31.1.2018.

Resolución: inscrición da disolución da asociación no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense.