Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 742/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento co número DSP 742/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Yáñez Tourón contra Creart Technologies, S.L., sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimar a demanda formulada por Carlos Yáñez Tourón e declarar extinguida a relación laboral con efectos do 25.10.2017, e condenar Creart Technologies, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 5.241,27 pola extinción da relación laboral, así como o importe de 7.998,77 euros por salarios e cantidades a deber no momento da extinción, cos xuros por demora do 10 %.

Impor as custas do presente procedemento, incluídos honorarios de profesionais ata 600 euros, á parte demandada.

Póñase en coñecemento do Fogasa para os efectos oportunos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0742-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non desfrute do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0742-17, a cantidade obxecto da condena, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario ao Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtase ademais ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se for o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en forma a Creart Technologies, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de marzo de 2018

O letrado da Administración de xustiza