Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o trámite de audiencia con relación a unha solicitude de compatibilidade.

Con data do 8 de febreiro de 2018, concedeuse trámite de audiencia a María Raquel Quintás Martínez en relación co expediente de compatibilidade que se está a tramitar con base na solicitude de compatibilidade por ela formulada.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación do citado trámite a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por non retirado, tras os dous intentos, en que consta ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude deste anuncio, notifícalle a María Raquel Quintás Martínez a concesión do trámite de audiencia antes referido.

A interesada pode recoller a notificación do trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o referido prazo terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública