Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 32/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 32/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Joel Balbuena Zarzuela contra Limperhostel, S.L. e Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: PO. Reclamación de cantidade 32/2016

Demandante: Julio Joel Balbuena Zarzuela

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Limperhostel, S.L. e Fogasa

Sentenza 95/2018.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou o día 13 de xaneiro de 2016 ante o decanato desta cidade unha demanda sobre reclamación de cantidade contra a demandada que correspondeu por quenda a este xulgado e deu lugar ao presente procedemento, e na cal, despois de facer as alegacións de feitos e de dereito que tivo por oportunas, terminaba solicitando o pagamento dunhas diferenzas salariais.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, sinalouse como data para a celebración do xuízo a do 22 de febrero de 2018. Compareceu a parte demandante mais non a demandada. Aberto o acto, e dada conta dos autos, a parte demandante afirmouse na demanda e ratificouna. Practicouse a proba proposta e admitida. Finalmente, formuláronse conclusións, despois do cal ficaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación do presente xuízo observáronse e cumpríronse as disposicións legais.

Feitos probados:

1º. A parte demandanate prestou servizos para a empresa demandada con categoría de camareiro e cun contrato temporal desde o 12 de septiembre de 2014 percibindo un soldo de 1.013,17 euros ao mes con rateo de pagas extras.

A relación laboral extinguiuse na data do 27 de outubre de 2014 por non superar a proba.

Conforme o Convenio de hostalaría vixente no momento de vixencia da relación laboral, o salario que debería de ter percibido o demandante sería de 1.280,36 euros ao mes con rateo de pagas extraordinarias-Convenio BOP do 20 de maio de 2014, táboas salariais do ano 2012/2013.

O empresario debe á parte demandante as diferenzas salariais e indemnización por fin de contrato temporal que se deducen do feito segundo da demanda que aquí se dá por reproducido, ascendendo a devandita débeda á cantidade de 1.552,20 euros.

2º. Celebrouse acto de conciliación co resultado de sen avinza ao non comparecer a empresa demandada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Os referidos feitos probados foron acreditados pola proba practicada valorada no seu conxunto. Resultan aplicables os artigos 91.2 e 94.2 da LRXS. A demanda debe ser admitida na súa integridade pois resulta probada a débeda que se reclama, unha vez apreciado o salario que debería ter percibido o demandante e o que realmente percibiu durante a vixencia da relación laboral. Ademais, estase a deber a indemnización por fin de contrato temporal sen que a demandada demostrase o pagamento de tales cantidades.

Procede condenar a empresa, ademais, a aboar os xuros do artigo 29.3 do ET que se solicita na demanda.

Decido:

– Estimar a demanda formulada por Julio Joel Balbuena Zarzuela contra Limperhostel, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboar ao primeiro a suma de 1.552,20 euros en concepto de débeda salarial e fin de contrato, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limperhostel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza