Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e varios criterios de adxudicación, do servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (expediente 3/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

c) Prazo de execución: vinte e catro meses (24) a partir do asinamento do contrato.

d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de vinte e catro meses (24) máis.

e) CPV: 90911200-8: servizos de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado: cincocentos cincuenta e un mil oitocentos oito euros con setenta e catro céntimos (551.808,74 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 275.904,37 €. IVE (21 %): 57.939,92 €. Importe total: 333.844,29 €, conforme a seguinte distribución por anualidades:

2018: 83.461,07 euros (IVE excluído).

2019: 166.922,15 euros (IVE excluído).

2020: 83.461,07 euros (IVE excluído).

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a alínea I do cadro de características do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas alíneas J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=286888

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 16 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 6 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte