Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 502/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 502/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi contra Quatro Print, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 63/2018

DSP despedimento/cesamento en xeral 502/2017

Procedemento orixe: /

Sobre: despedimento

Demandante: Fernando Oribe Devincenzi

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Fogasa, Quatro Print, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 502/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Fernando Oribe Devincenzi, asistido polo letrado Pedro Blanco Lobeiras contra a entidade Quatro Print, S.L.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Fernando Oribe Devincenzi contra a entidade Quatro Print, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado polas demandadas con efectos do 2 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 45,78 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 4.658,57 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Quatro Print, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza