Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento para a rede de estacións meteorolóxicas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe prioritario 05, prioridade de investimento 05.01, obxectivo específico 05.01.01. 3 lotes.

Bandera UE.pdf

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=286816

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 7/2018 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para a rede de estacións meteorolóxicas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

c) División por lotes e número: si. 3 lotes: punto 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución: punto 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.3 do seu cadro de características.

e) Prazo de execución: punto 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.1 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 3812000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 93.645,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 93.645,00 €. Lote 1: 22.345,00 €. Lote 2: 17.900,00 €. Lote 3: 53.400,00 €. Importe total: 113.310,45 €. Lote 1: 27.037,45 €. Lote 2: 21.659,00 €. Lote 3: 64.614,00 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do importe de licitación, excluído o IVE): lote 1: 1.117,25 €. Lote 2: 895,00 €. Lote 3: 2.670,00 €.

7. Subcontratación: punto 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 16 de abril de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: r/ San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio