Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15988

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (901/2013).

Xuízo verbal 901/2013

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandante: Universidade Complutense de Madrid

Avogado/a: avogado do Estado

Demandado: Bartolomiej Siwiec Zygmunt

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«En Pontevedra o 17 de novembro de 2014.

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da cidade de Pontevedra, os autos de xuízo verbal seguidos co número 901/2013, en virtude de demanda interposta polo letrado do Estado en nome e representación da Universidade Complutense de Madrid contra Bartolomiej Siwiec Zygmut, en situación de rebeldía procesual, sobre acción de reclamación de cantidade.

Decido.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo letrado do Estado en nome e representación da Universidade Complutense de Madrid, e condeno o demandado Bartolomiej Siwiec Zygmut a aboar á demandante a cantidade de 3.540 euros, xuros legais e custas do preito.

Así o manda e asina, por esta sentenza, que non é firme e contra a cal se poderá interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito pecuniario na forma e contía que determina a Lei 1/2009, do 3 de novembro, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de primeira instancia deste xulgado, do cal eu, a secretaria, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Bartolomiej Siwiec Zygmunt, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial