Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15986

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4165/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4165/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 281/2014 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: José Manuel López Rivas

Avogado: Antonio Arsenio Iglesias Vázquez

Recorridos: Fogasa, Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón, Ibercaja Banco, S.A., Liberbank, S.A., Willis Iberia Correduría de Seguros y Reaseguros, S.A., Pagos Minería, Banco Ceiss, NCG Banco, Gesinca

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4165/2017-S desta sección, seguido por instancia de José Manuel López Rivas contra Fogasa, Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón, Ibercaja Banco, S.A., Liberbank, S.A., Willis Iberia Correduría de Seguros y Reaseguros, S.A., Pagos Minería, Banco Ceiss, NCG Banco, Gesinca, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistido a José Manuel López Rivas, parte recorrente en suplicación nestas actuacións, declarándose a firmeza da resolución do 1 de xuño de 2017 ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña nos seus autos número 281/14.

Notifíquese esta resolución ás partes e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Faise saber ás partes que contra esta resolución poderán interpoñer no prazo de cinco días recurso de revisión ante esta sala, coa advertencia de que de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá acreditar, ao tempo de interpoñerse, o ingreso na conta de depósitos e consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552 0000 31 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano), da cantidade de 25 euros».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibercaja Banco, S.A., Liberbank, S.A., Pagos Minería, Banco Ceiss, NCG Banco, Gesinca, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza