Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 564/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 564/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Mosteiro Vázquez contra Baoliylay, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 564/2017.

Demandante: Rubén Mosteiro Vázquez.

Letrado: Sr. Orantes Canales.

Demandados: Baoliylay, S.L., Fogasa.

«Sentenza número 65/2018.

A Coruña, 20 de febreiro de 2018.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Rubén Mosteiro Vázquez fronte a Baoliylay, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 1.304,31 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 43,12 euros/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Baoliylay, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza