Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 446/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 446/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Sabel Sande contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Strass Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Fogasa, administración concursal de Shivshi, S.L. (Alejandro Gimeno-Bayón Forteza), administración concursal de Confecciones Fraga, S.L. (Juan Carlos Rodríguez Maseda), administración concursal de Confección Ideal, S.L. (Ana María Barreiro Martínez), administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. (Antonio González Seoane), administración concursal de Deus Creaciones, S.L. (Argo-Isaías González García), administración concursal de Confecciones Deus, S.L. (Isaías González García), administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 446/2017

Demandante: Isabel Sabel Sande

Letrada: Sra. Gómez Lozano

Demandadas: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel (non comparecen)

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen)

– Gaviota Textil, S.L.

Letrado: Sr. Millán Cidón

– Administración concursal de Confección Ideal, S.L., comparece a Sra. Suárez Gestal

Sentenza 99/2018.

A Coruña, 8 de febreiro de 2018.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Isabel Sabel Sande fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que teñen que aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 43.945,06 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 42,15 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, polo que se deben absolver de todo pedimento dirixido fronte a elas.

O Fogasa e a Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada o día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza