Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1085/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1085/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Atan Conde contra Torrente Automociones, S.L., Eliseo Juan Torrente Vázquez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte resolutiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 2/18.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 1085/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de José Manuel Atan Conde, asistido da letrada Dolores Rodríguez Amoroso, contra Torrente Automociones, S.L. e Eliseo Juan Torrente Vázquez, que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada José Manuel Atan Conde e condeno a empresa Eliseo Juan Torrente Vázquez a que aboe ao demandante a cantidade de 4.883,41 euros líquidos, máis o 10 % de xuro moratorio.

Absólvese a empresa Torrente Automociones, S.L. de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Torrente Automociones, S.L. e Eliseo Juan Torrente Vázquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOE.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza