Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de febreiro de 2018 pola que se notifica resolución de arquivamento no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/92/2011.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 8 de novembro de 2017, resolución pola cal se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/92/2011, xa que se deu cumprimento á resolución do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución da directora, do 23.5.2012.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Germán Alonso Pérez, en representación de María Ángeles Vázquez Valcárcel, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística