Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de febreiro de 2018 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/82/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Francisco Robres Dulanto e a Amada Silvia Román Donato para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/82/2016-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dunha casa prefabricada tipo mobil home de planta baixa, con cuberta a dúas augas e cheminea, na execución dunha soleira de lousas de pedra, tanto na entrada á parcela como formando un camiño ata a casa prefabricada e instalación dunha antena de televisión no peche da parcela no lugar de Barqueira, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística