Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de febreiro de 2018 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/173/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a herdeiros de Ricardo Felpeto Ferreiro para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/173/2017-RP1, en relación coas obras consistentes na construción subterránea para garaxe, outra construción subterránea, muro curvo de contención de terras, escaleira exterior da obra, fosa séptica e alboio no lugar de Pedrouzos, parroquia da Torre, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística