Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de febreiro de 2018 pola que se empraza o interesado no procedemento ordinario 51/2018 no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/88/2014-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario 51/2018, interposto por Ángel Vidal Conde contra a Resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 13 de novembro de 2017, interposto contra outra do 7 de xullo de 2015 (expediente POL/88/2014-RP1), na cal se impón solidariamente como responsables dunha infracción grave tipificada na Lei de costas, en calidade de promotores das obras de ampliación dunha edificación no lugar do Burgo, 1, Arcade, concello de Soutomaior, unha multa e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, coa demolición das obras no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Manuel Bouzón Moledo para que se poida presentar como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística