Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de febreiro de 2018 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente 107B 2006/35-0).

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística por substitución do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo) ditou, o 18 de decembro de 2017, unha resolución pola cal se lle impón unha terceira multa coercitiva (IU2/20/2016-C1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107B 2006/35-0 a Pedro Macía Rivas como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 2 de marzo de 2010, que ordenaba a demolición de cincuenta e dous (52) apartamentos encostados en grupos de catro, cinco e seis vivendas, compostas de planta soto, planta baixa e planta baixo cuberta, articuladas ao redor dunha zona central onde se sitúan piscinas, edificio de servizos, vías interiores, muros de contención de terras e grandes movementos de terras en San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e que lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística