Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 24 de xaneiro de 2018 ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentada a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, notifícaselles por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren un recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural.

Ourense, 1 de marzo de de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Propietario nº 59.

Destinatario: Mateo Campos Losada.

Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2018 ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

2. Propietario nº 171.

Destinatario: Hilario Perfecto González Villar.

Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2018 ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

3. Propietaria nº 171.

Destinataria: Carmen González Rodríguez.

Acto notificado: Resolución do 24 de xaneiro de 2018 ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).