Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 28 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Pilo a favor dos veciños da parroquia do Castro de Laza (San Pedro), no concello de Laza (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 5 de setembro de 2017, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: O Pilo.

Superficie: 1,09 ha.

Pertenza: CMMVVMC de Tamicelas, O Castro e Naveaus.

Parroquia: O Castro de Laza (San Pedro).

Concello: Laza.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo formado por unha parte da parcela catastral seguinte:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Superficie catastral

Sup. clasificación

Uso principal

Laza

82

167

32040A082001670000FR

11.168 m2

1,09 ha

agrario

Enténdese que os terreos obxecto da clasificación son os correspondentes a esta parcela catastral, excluíndo a superficie que se define pola liña poligonal resultante de unir os seis vértices coas coordenadas UTM que figuran no plano achegado coa solicitude.

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

80

9002

camiño

Leste:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

80

9002

camiño

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

82

9005

camiño

167

resto da parcela

9003

camiño

Na solicitude figura como parcela lindeira a parcela 71 do polígono 16. Na sede electrónica do Catastro non figura ningunha parcela con estes datos. Probablemente se refire á construción coa referencia catastral 001607100PG26B0001PM. Non obstante, segundo a planimetría e coordenadas UTM dos vértices que figuran nela, non sería estremeira xa que existe unha porción de terreo entre esta e o monte para o cal se solicita a clasificación.

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Laza

82

166

165

164

163

162

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 28 de febreiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense