Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se convoca a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 73/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=273506

e) Número de expediente: 73/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de seguridade e vixilancia integral nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Política Social.

c) Nomenclatura CPV: 79710000-4 Servizos de seguridade. 79711000-1 Servizos de vixilancia de sistemas de alarma. 79714000-2 Servizos de vixilancia.

d) Nomenclatura CPA: 80.10.01 Servizos privados de seguridade.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

f) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: 3.867.688,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o punto 16 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo de Contratación e Control Económico Contractual. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto: 981 54 56 43.

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=273506

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: ata as 14.00 horas do día 9 de abril de 2018, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas ao Servizo de Contratación e Control Económico Contractual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciandoo a este Servizo de Contratación e Control Económico Contractual mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío (fax: 981 54 56 85/correo: centralizados.traballo@xunta.gal).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores, non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nas cláusulas 15 e 16 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social