Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de vixilancia e seguridade de dependencias desta consellería en Vilaxoán (expediente 3/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade de dependencias da Consellería do Mar en Vilaxoán (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221068

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 229, do 1 de decembro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 123.966,94 €. IVE (21 %): 26.033,06 €. Importe total: 150.000 €.

Valor estimado: 247.933,88 € (IVE excluído).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 13 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Servicios SPR Vilanova, S.L. NIF: B36597276.

c) Importe: 149.991,60 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 20 de febreiro de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa ao acadar a maior puntuación total dos criterios de adxudicación avaliables de forma automática recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar