Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche e desmantelamento dunhas instalacións de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2017/169-1).

Nº de expediente: IN407A 2017/169-1.

Promotora: Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación do proxecto: desmantelamento de LMT Colexio Eladia Mariño.

Concello: Cabanas.

Feitos.

1. Con data do 14 de decembro de 2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu outorgar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto denominado recuamento e soterramento LMT Colexio Eladia Mariño (expediente IN407A 2012/29-1), co obxecto de retirar das proximidades do Colexio Eladia Mariño a LMT aérea existente. O desenvolvemento deste proxecto afecta á arquitectura e á configuración das infraestruturas da rede de distribución propiedade de Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L., seguintes LMT interconexión Fenosa, LMT Vilar do Colo e LMT derivada a CT Pudrical.

2. En tanto os desmantelamentos recollidos tanto no proxecto técnico como na autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción anterior non se podían executar en tanto non estivesen rematadas e en disposición de entrar en funcionamento o resto de actuacións e traballos proxectados, comunicouse á promotora a conveniencia de que os ditos desmantelamentos fosen incluídos noutro documento técnico (proxecto) que sería obxecto de estudo para o outorgamento da súa preceptiva autorización administrativa.

3. De conformidade co anterior, con data do 13 de decembro de 2016, a promotora solicitou a autorización administrativa de peche e desmantelamento das instalacións recollidas no proxecto denominado desmantelamento de LMT Colexio Eladia Mariño (expediente IN407A 2017/169-1), en que se prevé a supresión de algún dos treitos aéreos das infraestruturas da rede de distribución propiedade de Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L., seguintes LMT interconexión Fenosa (expedientes 6.577 e 23.375), LMT Vilar do Colo (expediente IN407A 2001/396-1) e LMT derivada a CT Pudrical (expediente IN407A 2001/396-1 e IN407A 2017/3-1).

4. Con data do 27 de outubro de 2017, foi emitida por esta xefatura territorial a autorización de explotacion das instalacións recollidas no proxecto denominado recuamento e soterramento LMT Colexio Eladia Mariño (expediente IN407A 2012/29-1). Coa posta en funcionamento destas instalacións, procedeuse á desconexión dos treitos aéreos das LMT antes citadas.

5. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de peche e desmantelamento dos treitos aéreos da LMT interconexión Fenosa, da LMT Vilar do Colo e da LMT derivada a CT Pudrical, obxecto do proxecto desmantelamento de LMT Colexio Eladia Mariño.

Consideracións legais e técnicas.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica (BOE nº 312, do 30 de decembro).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE n º 139, do 9 de xuño).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

– As características técnicas dos traballos e operacións proxectados para os que Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L. solicita a autorización aministrativa, son:

A. Actuacións sobre a LMT a 15 kV Fenosa:

Desmontaxe do treito de LMT de 57 metros de lonxitude en condutor LA-110, comprendido entre os apoios seguintes:

Nº de apoio

Tipo

UTM/X

UTM/Y

Observacións

8 (PA/S)*

C-1000/18

566.899

4.808.038

Fin de liña

9

C-3000/14

566.859

4.808.076

A desmantelar

B. Actuacións sobre a LMT a 15 kV Vilar do Colo (expediente IN407A 2001/396-1):

Desmontaxe do treito de LMT de 789 metros de lonxitude en condutor LA-110, comprendido entre os apoios seguintes:

Nº de apoio

Tipo

UTM/X

UTM/Y

Observacións

9

C-3000/14

566.859

4.808.076

A desmantelar

10

HVH-1600/16

566.873

4.808.085

A desmantelar

11

HV-1500/14

566.903

4.808.117

A desmantelar

12

HV-1000/14

566.956

4.808.156

A desmantelar

13

HV-1000/12

566.952

4.808.197

A desmantelar

14

HV-1000/12

566.988

4.808.259

A desmantelar

15

HV-1000/12

567.028

4.808.324

A desmantelar

16

2 x HV-1000/14

567.069

4.808.350

A desmantelar

17

HV-1600/15

567.057

4.808.379

A desmantelar

18

C-3000/14

567.098

4.808.439

A desmantelar

19

HVH-1600/15

567.156

4.808.534

A desmantelar

20

HV-630/15

567.205

4.808.619

A desmantelar

20 (PA/S)*

HVH-4500/15

567.205

4.808.619

Fin de liña

C. Actuacións sobre a LMT a 15 kV Vilar do Colo (expediente IN407A 2001/396-1), treito denominado LMT derivada ao CT Pudrical (expedientes IN407A 2001/396-1 e IN407A 2017/3-1):

Desmontaxe do treito de LMT de 166 metros de lonxitude en condutor LA-30, comprendido entre os apoios seguintes:

Nº de apoio

Tipo

UTM/X

UTM/Y

Observacións

19

HVH-1600/15

567.156

4.808.534

A desmantelar

19-1

HVH-630/12

567.125

4.808.543

A desmantelar

19-2

HVH-630/12

567.094

4.808.582

A desmantelar

19-3

HVH-630/12

567.046

4.808.642

A desmantelar

19-3 (PA/S)*

HV-1600/15

567.046

4.808.642

Fin de liña

Nota: a instalación e/ou modificación dos apoios sinalados co símbolo *, atopanse autorizadas baixo o expediente IN407A 2012/29-1.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa de peche e desmantelamento dos treitos aéreos das instalacións de distribución de enerxía eléctrica indicados.

2. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis (6) meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación da presente resolución.

3. O remate dos traballos e operacións de desmontaxe dos treitos da LMT 15 kV interconexión Fenosa, da LMT 15 kV Vilar do Colo e da LMT 15 kV derivada a CT Pudrical, afectados polo desmantelamento, debe ser comunicado a esta xefatura territorial, solicitarase a preceptiva acta de peche e desmantelamento de instalacións de conformidade co disposto no artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e achegarase coa citada solicitude o certificado do director de obra, en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas que sexan de aplicación.

4. A presente autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente.

5. En cumprimento do establecido no artigo 138.3, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente resolución deberá ser publicada no DOG e no BOP.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partires do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 7 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña