Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0002/2018-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal duas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial da consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 27 de febreiro de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0002/2018-V.

Denunciado: José Rivero Morales.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0004/2018-V.

Denunciada: Macarena Camacho Barrul.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0011/2018-V.

Denunciado: Raúl Díaz Barrientos.

Acto de notificación: acordo de iniciación.