Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 8 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a solicitude de declaración das augas mineromedicinais e termais denominadas Prexigueiro I número 97, situadas no concello de Ribadavia (Ourense).

Detectados uns erros no citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, núm. 118, do 22 de xuño de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 26364:

– No encabezamento, onde di: «situadas no concello de Melón (Ourense)», debe dicir: «situadas no concello de Ribadavia (Ourense)».

– No corpo do anuncio, onde di: «por petición do Concello de Melón», debe dicir: «por petición de Pablo Villuendas de Celis como administrador único da sociedade Termas de Prexigueiro, S.L.».

– Por outra banda, onde di: «lonxitude (W): 8º 09҆ 4.79”»; latitude (N): 42º 15҆ 10.13”», do concello de Melón»; debe dicir: «lonxitude (W): 8º 10҆҆ 2.04”»; latitude (N): 42º 15҆҆ 10.29”», do concello de Ribadavia».