Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15962

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 12 de decembro de 2017 (DOG núm. 238, do 18 de decembro), acordouse a apertura do prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación a listas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

O período para a presentación das solicitudes estivo aberto desde o día 2 de xaneiro ata o día 15 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.

Unha vez rematado o dito prazo, foron examinadas as solicitudes presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro (DOG núm. 178, do 19 de setembro), acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral do grupo IV, categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba), e do grupo V, categoría 014 (bombeiro/a forestal).

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, parte de <Listas de contratación>, e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

• Solicitantes admitidas/os con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9.bis do Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

• Solicitantes excluídas/os con expresión da causa de exclusión.

Todas aquelas solicitudes presentadas para a incorporación ás listas de calquera outro grupo, escala, especialidade ou categoría diferentes ás correspondentes ao grupo IV, categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba), e o grupo V, categoría 014 (bombeiro/a forestal), figuran excluídas por presentación fóra de prazo.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

• A documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

• Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais: secretaria/o xeral técnica/o, subdirector/a xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos: xefas/es territoriais ou funcionaria/o responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directoras/es provinciais ou delegadas/os comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

• Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo II da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretaria/o do concello.

No suposto de que algunha das persoas provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, parte de <Listas de contratación>.

Quinto. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Certificación de servizos prestados

(Resolución do ; DOG núm. , do de de 201 )

Dª/D.

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, Dona/Don con DNI núm.  prestou servizos no corpo, escala, especialidade, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/

escala

(código)

Denominación do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta de Galicia

Código do posto de traballo
(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total (en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en , de de 201

(sinatura)

Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2017.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO II
Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios
da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do ; DOG núm. , do de de 201 )

Dª/D.

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Secretaria/o do Concello de CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, Dona/Don con DNI núm. prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Denominación do posto

Concello ou mancomunidade de municipios

Código do posto de traballo
(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total (en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en , de de 201

(sinatura)
     A/o secretaria/o

Visto e prace:
A alcaldesa/o alcalde

Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2017.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.