Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15967

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

A base VII.2 da convocatoria de concurso establece que «as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión».

Transcorrido o prazo establecido para presentar as correspondentes alegacións e unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución

A relación de persoas admitidas e excluídas poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Contra esta resolución poderase interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Función Pública ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Listaxe de solicitudes excluídas

Concurso escalas de finanzas:

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

NRP

Consellería

Motivo da exclusión

Gómez

Pardo

María del Mar

33319475L

Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

4, 12

Causas de exclusión:

Cód. causa

Causa de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/categ. desde o cal concursa

12

Corpo-escala ou categoría non corresponde ás do concurso