Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15960

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 5 e 8 de marzo de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG número 85, do 4 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar no modelo de respostas publicado as respostas ás preguntas 37, 40, 48, 113 e 116 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas son as letras b), a), d), b) e c) respectivamente.

Segundo. Anular, de acordo coas alegacións presentadas, as preguntas número 2, 54, 76 e 92, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 121, 122, 123 e 124.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 5 de febreiro de 2018, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), puntuación que equivale ao 50 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas, unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal