Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO polo que se fai pública unha resolución relativa á limpeza dunha parcela no barrio da Montesiña.

Para os efectos do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incedios forestais de Galicia, ao resultar descoñecida a identidade da/s persoa/s responsable/s da xestión da biomasa vexetal e retirada das especies arbóreas prohibidas, existentes sobre os terreos situados na parcela con referencia catastral numero 36053A01900834, sita no barrio da Montesiña, nº 36, de Soutomaior, faise público que na Resolución de trámite do 1 de febreiro de 2018 se resolveu:

Primeiro. Iniciar expediente contra os responsables da xestión da biomasa da parcela referida.

Segundo. Concederlles ás persoas físicas ou xurídicas titulares de dereito de aproveitamento sobre os terreos sinalados no punto precedente un prazo de quince (15) días naturais desde a notificación da presente resolución para levala a cabo a xestión de biomasa forestal e retirada de especies arbóreas prohibidas na forma indicada.

Terceiro. Advertirlles ás persoas responsables que, en caso de persistencia ou incumprimento da obriga de xestión, unha vez transcorrido o citado prazo poderá procederse á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións previstas no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución de expediente sancionador.

Soutomaior, 23 de febreiro de 2018

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde