Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15786

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao exposto anteriormente, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorporan como anexo a esta resolución.

San Cibrao das Viñas, 29 de xaneiro de 2018

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Centro
Tecnolóxico da Carne no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Data da sinatura

Achega económica da Fundación

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade Complutense de Madrid e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

10.11.2017

Sen achega económica