Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15181

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 31/2018, do 8 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia,

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do oito de febreiro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Xesús Fernández Rivas (Confederación Intersindical Galega).

María Luz López Pérez (Comisións Obreiras).

b) Ensino privado:

Purificación Bernárdez Álvarez (Comisións Obreiras).

Rodolfo Castro Fernández (Federación de Sindicatos Independentes de Galicia).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

José Antonio Álvarez Caride (Confederación de Anpas de centros públicos).

Dolores Blanco Sanguiñedo (Confederación de Anpas de centros públicos).

b) Ensino privado:

María Paz García Fernández (Confederación Galega de Pais e Nais de Alumnos).

3º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Ignacio Parajó Calvo (Federación de Centros de Educación e Xestión).

4º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xesús Antón Bermello García (Confederación Intersindical Galega).

Jorge Abrahán Vila Álvarez (Unión Xeral de Traballadores).

5º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Álvarez Carpintero.

José Luís Liñares Louzao.

6º. En representación dos profesores, proposto polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Xosé Ramos Rodríguez (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

7º. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Fernando del Pozo Andrés.

Valentín García Gómez.

Jesús Oitavén Barcala.

8º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Olga Alonso Suárez.

Miguel Domínguez Alfonso.

César Longo Queijo.

Francisco Magide Bizarro.

9º. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

María Pilar Jiménez Aleixandre.

10º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Venancio Graña Martínez.

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Xesús Fernández Rivas (Confederación Intersindical Galega).

María Luz López Pérez (Comisións Obreiras).

b) Ensino privado:

Iria Antuña Rodríguez (Comisións Obreiras).

Rodolfo Castro Fernández (Federación de Sindicatos Independentes de Galicia).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

José Antonio Álvarez Caride (Confederación de Anpas de centros públicos).

Dolores Blanco Sanguiñedo (Confederación de Anpas de centros públicos).

b) Ensino privado:

María Paz García Fernández (Confederación Galega de Pais e Nais de Alumnos).

3º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Ignacio Parajó Calvo (Federación de Centros de Educación e Xestión).

4º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xesús Antón Bermello García (Confederación Intersindical Galega).

Felipe Balboa Fernández (Unión Xeral de Traballadores).

5º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Álvarez Carpintero.

Marta Amate López.

6º. En representación dos profesores, proposto polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Xosé Ramos Rodríguez (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

7º. En representación da Administración Educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Fernando del Pozo Andrés.

Valentín García Gómez.

Jesús Oitavén Barcala.

8º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Olga Alonso Suárez.

Miguel Domínguez Alfonso.

César Longo Queijo.

Francisco Magide Bizarro.

9º. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

José Ángel Armas Castro.

10º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Venancio Graña Martínez.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria