Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15187

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de febreiro de 2018 polo que se autoriza a Deputación Provincial de Ourense para a prestación de servizos mínimos no Concello dos Blancos.

Adoptado Acordo polo Consello da Xunta en sesión do día 1 de febreiro de 2018,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de febreiro de 2018 que a seguir se transcribe:

«Vista a proposta xustificada da Deputación Provincial de Ourense e a documentación que xunta, así como a conformidade do Concello dos Blancos manifestada no Pleno do 20 de decembro de 2017, acórdase autorizar a Deputación Provincial de Ourense para que asuma a prestación dos seguintes servizos mínimos obrigatorios de competencia do Concello dos Blancos:

Abastecemento domiciliario de auga potable.

Saneamento.

Pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación.

Iluminación pública.

A asunción dos servizos terá efecto a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia por un prazo inicial de dous anos. Non obstante, a Deputación Provincial de Ourense poderá propoñer a prórroga sucesiva da asunción dos servizos para períodos de dous anos durante o período de vixencia do plan axuste do Concello dos Blancos no caso de que subsistan as causas que a motivaron e non existan fórmulas alternativas para garantir a prestación dos servizos no marco do plan de axuste».

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local